A Xunta insta ao Goberno central a ter en conta ás comunidades autónomas na tramitación da Lei de Familias

Lembra que a normativa estatal podería obrigar a modificar as normativas de carácter autonómico que abordan esta cuestións, e pide coñecer canto antes o seu contido


O Goberno galego valora a Estratexia de erradicación da violencia contra a infancia e a adolescencia, pero alerta sobre a ausencia de canles de financiamento para materializar as medidas propostas
 

A Xunta insta ao Goberno central a ter en conta ás comunidades autónomas na tramitación da Lei de Familias

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022 A Xunta de Galicia instou ao Goberno central a ter en conta ás Comunidades Autónomas na tramitación da futura Lei de Familias. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe no pleno da Conferencia sectorial de Infancia y Adolescencia, onde alertou de que este proxecto normativo podería afectar a ámbitos de actuación que agora mesmo están regulados polas Comunidades.

 

O director xeral sinalou que coa aprobación desta nova lei estatal, é probable que sexa preciso modificar as normativas de carácter autonómico que abordan esta mesma materia. Por este motivo,  solicitou o Executivo central coñecer o contido do proxecto lexislativo para poder facer requirimentos ou suxestións e tamén o prazo no que será remitido ás Comunidades Autónomas.

 

Así mesmo, a reunión do pleno da Conferencia sectorial de Infancia y Adolescencia serviu para que o Goberno central lles presentará ás Comunidades Autónomas o contido da Estratexia de erradicación da violencia contra a infancia e a adolescencia. Jacobo Rey apuntou que o documento presenta propostas interesantes, pero advertiu de que se realiza sen establecer canles de financiamento para aplicala.

 

Falta de fondos asociados

Neste sentido, concretou que co que respecta ao financiamento, a estratexia tan só se refire “á dispoñibilidade orzamentaria das administracións públicas competentes”. O director xeral lembrou a importancia de acompañar estas propostas dos fondos suficientes para materializalas e ser útiles para os cidadáns.