A Xunta celebra a final da especialidade de música de Xuventude Crea

A Xunta celebra a final da especialidade de música de Xuventude Crea

A Coruña, 6 de novembro de 2022

A Xunta celebra hoxe no Playa Club da Coruña a final da especialidade de música de Xuventude Crea na que participan oito grupos e solistas de diferentes puntos de Galicia. Cada un deles realizará unha actuación para conseguir levarse algúns dos premios deste programa impulsado polo Goberno galego e que procura dar a coñecer o talento da mocidade.

 

De entre as 23 solicitudes presentadas a esta especialidade neste 2022, os finalistas son Dioivo, Filloas e Contometris, todos eles de Vigo; Martín Castro, de Rianxo; Faíscas, de Redondela; Amorodo, de Arbo; Fada, de Cambados; e Iria Vilas, da Coruña. Os galardoados daranse a coñecer nos vindeiros días.