A Xunta asiste ao Encontro das Persoas Maiores de Ribeira

A Xunta asiste ao Encontro das Persoas Maiores de Ribeira

Ribeira (A Coruña), 6 de novembro de 2022

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benesta, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe ao Encontro de Persoas Maiores que se celebrou hoxe o Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira de Ribeira.

 

Durante o encontro, o xerente do Consorcio salientou o compromiso da Xunta de Galicia cos maiores para que desfruten desta etapa da vida da maneira que eles escollan. Por iso, subliñou os servizos destinados a eles que puxo en marcha o Goberno galego para mellorar a súa calidade de vida, vivan onde vivan.