A Xunta financia a compra de dous vehículos para FAXPG a través da orde de axudas do IRPF

A Xunta financia a compra de dous vehículos para FAXPG a través da orde de axudas do IRPF

Oleiros (A Coruña), 3 de novembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á presentación de dous novos vehículos que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) adquiriu a través dunha achega económica da Xunta de Galicia con cargo ao 0,7% do IRPF.

 

No acto, González Abeijón destacou o traballo que realiza esta entidade para avanzar na plena integración das persoas xordas ou con discapacidade auditiva. Tamén puxo de relevo a colaboración que o Executivo autonómico mantén con esta organización para o desenvolvemento de programas.