Fernández-Tapias asiste á celebración dos 27º xogos autonómicos Special Olympics nas Travesas

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando Abeijón, felicitaron este sábado aos participantes no campionato de fútbol sala

Fernández-Tapias asiste á celebración dos 27º xogos autonómicos Special Olympics nas Travesas

Vigo, 29 de outubro de 2022.-

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiron este sábado á celebración dos 27º Xogos Autonómicos – Trofeo Carlos Outeiriño Special Olympics Galicia na súa modalidade de fútbol sala que tivo lugar no complexo deportivo de As Travesas, en Vigo.

 

A representante autonómica destacou durante a súa intervención a valentía e a capacidade de superación dos preto de 130 participantes de 11 equipos galegos. Tanto Fernández-Tapias como González Abeijón salientaron a importancia do deporte como vehículo para a inclusión, así como para mellorar as habilidades e autoestima das persoas con discapacidade.