Política Social participa no IX Simposio sobre reprodución humana asistida organizado por Iraga

Política Social participa no IX Simposio sobre reprodución humana asistida organizado por Iraga

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022.- O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou esta tarde a importancia que ten apoiar ás familias que libremente deciden ter un fillo tanto con axudas económicas como con servizos que faciliten a conciliación, co fin de enfrontar o reto demográfico que afecta ao conxunto de España. Díxoo na conferencia inaugural do IX Simposio sobre reprodución humana asistida organizado polo Instituto de Reprodución Asistida de Galicia (Iraga), que tivo lugar no Hotel Monumento San Francisco.

 

Neste sentido, Jacobo Rey indicou que o Executivo autonómico leva tempo actuando ante esta situación, e puxo como exemplo a aprobación da primeira Lei de Impulso Demográfico, que blinda medidas como a Tarxeta Benvida ou a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos.