A Xunta destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago

Os peregrinos chegaron esta tarde á praza do Obradoiro tras percorrer un tramo da ruta do norte

A Xunta destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou a vontade de superación do grupo de peregrinos da Asociación Sociocultural ASCM Ferrol que hoxe chegaron á praza do Obradoiro tras percorrer o Camiño do Norte desde o concello de Vilalba.

 

Fernando González Abeijón valorou a importancia deste tipo de actividades para avanzar na plena inclusión. Neste sentido, enxalzou o traballo que leva a cabo ASCM tanto para mellorar a autonomía e calidade de vida das persoas con discapacidade como para concienciar á sociedade sobre as barreiras ás que estas persoas e as súas familias aínda se teñen que enfrontar diariamente.

 

O director xeral de Persoas con Discapacidade tamén resaltou as máis de tres décadas de traballo da ASCM Ferrol en ámbitos como o voluntariado inclusivo ou a formación e a preparación para o emprego.