A Xunta recibe ás persoas xordas e xordocegas participantes no Camiño de Santiago organizado pola Faxpg

A Xunta recibe ás persoas xordas e xordocegas participantes no Camiño de Santiago organizado pola Faxpg

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu esta mañá na praza da Quintana a máis dun cento de persoas xordas e xordocegas que veñen de rematar o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago (Apssc) que partiu dende a próxima localidade de Vedra.

 

Durante a súa intervención, o director xeral destacou o carácter inclusivo do Camiño, co que contribúen actividades como esta. Neste sentido, agradeceu a Faxpg e Apssc a súa organización, especialmente neste Ano Santo Xacobeo, e puxo o foco na importancia de seguir incluíndo a todas as persoas na experiencia da peregrinación.