A Xunta participa na etapa final do Camiño de Santiago para persoas con discapacidad intelectual promovido por Special Olympics Galicia

A expedición, formada por peregrinos procedentes de entidades sociais de toda España, chegou onte á praza do Obradoiro e fixo hoxe unha última etapa simbólica entre o Monte do Gozo e a praza da Quintana.

A Xunta participa na etapa final do Camiño de Santiago para persoas con discapacidad intelectual promovido por Special Olympics Galicia

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu hoxe aos peregrinos de entidades sociais de toda España que realizaron as rutas do Camiño a Santiago, no marco dunha actividade organizada por Special Olympics Galicia. A peregrinaxe, desenvolvida a través de sete rutas que partiron a pasada fin de semana dende distintos puntos da comunidade, rematou esta mañá cunha etapa simbólica tras chegar onte ao Obradoiro.

Esta última etapa partiu desde o Monte do Gozo para chegar á praza da Quintana, onde os participantes e as súas familias foron recibidos polas autoridades. Ademais, a organización aproveitou para facer entrega das medallas Special Olympics Galicia. A xornada rematou cun acto relixioso e coa comida e convivencia de persoas ligadas á entidade.

Na súa intervención, o director xeral de Persoas con Discapacidade puxo o foco no carácter dinamizador deste tipo de actividades na vida diaria das persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, valorou positivamente o traballo das entidades de acción social cubrindo as súas necesidades, ao tempo que fomentan no colectivo a práctica deportiva e hábitos de vida saudable.