A Xunta destaca que uns 800 nenos e nenas de Ferrol se beneficiarán da gratuidade da atención educativa de 0 a 3 anos o próximo curso

Esta iniciativa suporá un aforro medio que xirará en torno aos 1.500 e 2.00 euros por neno ao ano
 

Durante a visita, tamén supervisaron o resultado da instalación duns novos toldos no patio exterior do centro nos que se investiron preto de 6.000 euros
 

A Xunta destaca que uns 800 nenos e nenas de Ferrol se beneficiarán da gratuidade da atención educativa de 0 a 3 anos o próximo curso

Ferrol, 23 de xuño de 2022.- A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Esteiro onde lembrou que o próximo curso escolar será o primeiro no que a atención educativa de 0 a 3 anos será gratuíta en todas as escolas infantís de Galicia e para todos os nenos.

 

“Na cidade de Ferrol, beneficiaranse desta medida as familias de arredor de 800 nenos e nenas que en setembro iniciarán o curso nas escolas da Xunta, nas de iniciativa social e nas privadas que están en funcionamento neste concello”, indicou Aneiros.

 

A responsable do Goberno autonómico lembrou que esta iniciativa suporá un aforro medio que xirará en torno aos 1.500 e 2.000 euros por neno ao ano e remarcou que as familias non terán que realizar ningún trámite para beneficiarse da gratuidade xa que todas as xestión se fan entre a Xunta e os centros.

Novos toldos no patio exterior

Durante a visita ao centro escolar, ambos responsables tiveron a oportunidade de supervisar o resultado dos traballos de instalación de dous toldos na zona do patio exterior das instalacións que se colocaron coa fin de mellorar o benestar dos menores cando saen a xogar fóra das aulas, sobre todo durante os meses de verán.

 

Trátase dunha actuación que responde a unha solicitude da a ANPA da escola e cuxa inversión ascendeu a preto de 6.000 euros.