Os usuarios da residencia da Xunta Porta do Camiño visitan a Ribeira Sacra

Os usuarios da residencia da Xunta Porta do Camiño visitan a Ribeira Sacra

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022 O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou hoxe aos usuarios da residencia pública autonómica Porta do Camiño a unha excursión pola Ribeira Sacra, un dos paraxes naturais máis prezados de Galicia.

 

Na xornada de hoxe os residentes realizaron unha excursión en catamarán polo río Sil, na que puideron desfrutar da ladeira, dos viñedos, así como o patrimonio natural e arquitectónico que se encontra á beira do Sil. Despois da viaxe en barco, os usuarios de Porta do Camiño tamén gozaron dunha comida conxunta para culminar a excursión.