A Xunta incrementa as prazas no centro de día da Nosa Señora do Chamorro de Narón

O Goberno galego financia este ano dúas prazas máis, ata chegar ás 35, cun investimento de máis de 26.000 euros ao ano

A Xunta incrementa as prazas no centro de día da Nosa Señora do Chamorro de Narón

Narón (A Coruña), 24 de novembro de 2021.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá os centros de día da Nosa Señora do Chamorro, no que a Xunta de Galicia financia este ano dúas prazas máis cun investimento 26.000 euros anuais. Deste xeito, o Goberno galego financia 35 prazas no centro de día desta entidade, para as que destina máis de 400.000 euros.

A maiores diso, Fernando González Abeijón explicou que a Administración autonómica tamén financia preto de 100 prazas no centro ocupacional no que a entidade desenvolve actividades centradas en que as persoas con discapacidade adquiran habilidades que axuden a mellorar a súa autonomía. O Goberno galego achega máis de 700.000 euros para este servizo.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia coa atención e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Por iso, salientou que para o vindeiro ano poñeranse en marcha 280 novas prazas de atención diúrna e residencial de atención ás persoas con discapacidade, que permitirá superar as 5600 prazas na comunidade, un 30% máis que as que había en 2009.