Política Social aposta por fomentar a formación das persoas maiores para lograr un envellecemento activo

Política Social aposta por fomentar a formación das persoas maiores para lograr un envellecemento activo

Pontevedra, 12 de novembro de 2021.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, asistiu esta tarde ao acto de Gradación Sénior da Universidade de Vigo. Alí destacou a importancia de envellecer da maneira máis activa posible, sen parar nunca de formarse e de manter a inquietude e as ganas de aprender e compartir experiencias.

O obxectivo principal do programa da Universidade de Vigo é fomentar a ciencia e a cultura nas persoas maiores, teñan ou non titulación, para que grazas a este proxecto poidan tamén compartir relacións interxeracionais. Este método permite, así mesmo, darlles ás persoas adultas unha rutina entretida e beneficiosa para elas.