A Xunta lembra a importancia de eliminar os obstáculos cos que se atopan as persoas celíacas no seu día a día

A Xunta lembra a importancia de eliminar os obstáculos cos que se atopan as persoas celíacas no seu día a día

Pontevedra, 13 de novembro de 2021.- O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá no encontro ‘Xuntos é máis doado’, organizado pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) e que contou co relato de especialistas nesta materia. Durante a súa intervención lembrou a importancia de eliminar os obstáculos cos que se atopan as persoas celíacas no seu día a día, cando van comer a un restaurante ou se enfrontan á compra de produtos adaptados.

A Xunta de Galicia colabora con Acega para promover unha restauración galega sen glute, que facilite que estas persoas poidan facer unha vida normal e atopen lugares que atendan as súas necesidades. A través desta iniciativa distínguense a aqueles establecementos de referencia na xestión de alérxenos cun selo avalado polo Goberno galego. Os profesionais destes establecementos recibiron tamén formación específica nesta materia.