Política Social financia dez novas prazas na residencia de maiores de Vila do Conde en Gondomar

Política Social financia dez novas prazas na residencia de maiores de Vila do Conde en Gondomar

Gondomar (Pontevedra), 21 de outubro de 2021.- O director xeral Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe os usuarios da residencia para persoas maiores de Vila do Conde en Gondomar. Alí, Fernando González Abeijón destacou o aumento de prazas financiadas polo Goberno galego neste centro, dez máis este ano ata chegar ás 32, por máis de 400.000 euros.

Durante a visita o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade percorreu as instalacións do centro e coñeceu os servizos que presta. Ademais, puxo en valor o traballo imprescindible que os centros residenciais realizan cada día e que adquiriron especial relevancia durante o ano da pandemia.