Nova

Compartir

Antón Acevedo destaca a prevención e a detección precoz como dous dos factores clave para o control da pandemia nas residencias galegas

Salienta que Galicia foi a segunda comunidade na que máis se contivo a mortalidade causada polo virus nos centros residenciais

A Coruña, 8 de abril de 2021.- O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe a prevención e a detección precoz como dous dos factores clave que axudaron a controlar a expansión da covid-19 nas residencias de Galicia. O responsable do departamento autonómico participou esta tarde no cuarto ciclo formativo Avanzando en Farmacoterapia, organizado polo Servizo de Farmacia Hospitalaria do Chuac, e que este ano centrouse no Ámbito sociosanitario: Una responsabilidad compartida.

Antón Acevedo destacou que estas dúas ferramentas, nas que a comunidade foi pioneira con medidas como a creación da plataforma loxística Clonegal, as residencias integradas ou os cribados semanais, foron, xunto á intervención e a atención, fundamentais para evitar máis falecementos nos centros residenciais. O director xeral de Atención integral Sociosanitaria lembrou, neste sentido, que Galicia foi a segunda comunidade autónoma que mellor controlou a mortalidade nas residencias, segundo un estudo publicado o mes pasado polo Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Foi precisamente esta colaboración entre os ámbitos socioasistencial e sanitario, apuntou Acevedo, a que puxo de manifesto a necesidade de deseñar un novo modelo de residencias sobre o que construír o futuro do sector. A coordinación sanitaria, a aposta polas potencialidades da tecnoloxía e as mellores organizativas, estruturais e arquitectónicas serán os tres piares sobre os que se sustentará. Sobre eles, concluíu o director xeral, e sobre o que desde finais do ano pasado está a traballar o Comité Asesor Sociosanitario, integrado por un equipo mutidisciplinar de expertos e profesionais.