Nova

Compartir

A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021.- A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, que lembra o I Congreso Mundial do Pobo Xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíron a bandeira e o himno xitano. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, recibiu da man de representantes da entidade Fundación Secretariado Gitano a bandeira recoñecida naquel primeiro congreso.

Este ano celébrase o 50 aniversario desta conmemorada data e neste tempo producíronse cambios e avances que paulatinamente melloraron as condicións de vida das persoas xitanas. Días como o de hoxe son unha oportunidade para mostrar a realidade diversa e plural do pobo xitano e poñer en valor as súas achegas á construción da nosa sociedade.