Nova

Fabiola García participa no xantar de confraternidade dos maiores de Boiro

Boiro (A Coruña), 14 de febreiro de 2020.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou hoxe en Boiro nun encontro de maiores que reuniu a máis de 600 veciñas e veciños deste municipio coruñés, cos que tivo a ocasión de dialogar e compartir experiencias. Fabiola García defendeu a liberdade que teñen para vivir esta etapa das súas vidas con plenitude e contando sempre co apoio que necesitan.

A conselleira sinalou que a responsabilidade das administracións públicas é escoitar e achegar solucións para aqueles maiores que deciden permanecer nas súas casas e parroquias, tal e como manifestan de maneira maioritaria, pero tamén para aqueles outros que requiren atención nun centro residencial. Ademais, defendeu a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade, para que as xeracións máis novas aproveiten o seu bagaxe e coñecementos.