Nova

Política Social loa o traballo da asociación Nuestra Señora del Chamorro na inclusión das persoas con discapacidade

Ildefonso de la Campa destaca a traxectoria desta entidade e a súa aposta continuada pola mellora da calidade de vida dos seus usuarios

Narón (A Coruña), 22 de outubro de 2019.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta mañá á inauguración dunha vivenda tutelada impulsada pola Asociación Nuestra Señora del Chamorro, en Narón. Alí loou o traballo desta entidade na mellora das condicións de vida dos seus usuarios cunha renovación continuada no tempo.

Ildefonso de la Campa sinalou que a aposta desta asociación por incrementar a autonomía das persoas con discapacidade reflíctese na variedade de axudas que ofrecen tanto para a súa inserción laboral, a súa formación ou na mellora das súas habilidades sociais.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade destacou que o obxectivo da Xunta de Galicia é colaborar coas entidades sociais para garantir unha maior autonomía a todas aquelas persoas con discapacidade, así como apoio ás súas familias.