Nova

A Xunta de Galicia impulsa a inclusión laboral das persoas con discapacidade co Centro Ocupacional O Saiar

Pon en marcha diferentes obradoiros para que os usuarios adquiran novas habilidades que lles abre a porta ao mercado laboral

Caldas de Reis (Pontevedra), 24 de setembro de 2019.- A Conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o traballo que realizan os profesionais do Centro Ocupacional O Saiar para impulsar a inclusión laboral dos 40 usuarios que acoden a este centro de titularidade pública autonómica. Fíxoo esta mañá durante unha visita a estas instalación acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Fabiola García salientou a importancia dos diferentes obradoiros que se poñen en marcha neste centro para que as persoas con discapacidade poidan adquirir novas habilidades que lles abre a porta ao mercado laboral. Entre as formacións que aquí se imparten destacan talleres de xardinaría e horticultura, cestería, carpintería, pintado e vernizado, costura, entre outros.

Ademais disto, o centro tamén conta con diferentes servizos que permiten a plena integración dos seus usuarios na sociedade. O Saiar ten unha aula educativa coa que melloran a linguaxe e a comunicación; un departamento de psicoloxía e actividades deportivas, culturais, de ocio e de tempo libre.