Nova

Fabiola García avoga por continuar a colaboración con EAPN Galicia para facer fronte ás desigualdades e á exclusión social

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2019.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, coñeceu á nova directiva da Rede galega contra a pobreza (EAPN Galicia), encabezada por Eloína Injerto. Fabiola García manifestou a necesidade continuar adiante co traballo conxunto con esta organización, que traballa a pé de campo todos os días do ano pola plena inserción das persoas que están nunha situación máis vulnerable.

A conselleira destacou iniciativas nas que están implicadas a Xunta e EAPN, como o primeiro Plan de atención a persoas sen fogar de Galicia ou a campaña a nivel nacional contra a aporofobia. Unha inciativa que esta plataforma social presentou o pasado mes de xuño en Santiago de Compostela coincidindo coa celebración do seu XIII Encontro de participación: loita contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade.