Nova

Política Social destaca o papel da Fundación Monte do Gozo na rehabilitación e reinserción social

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o traballo que realiza a Fundación Monte do Gozo na rehabilitación e reinserción social. Fíxoo durante a Festa de Solidariedade que organiza esta entidade no pavillón municipal do Restollal.

Arturo Parrado tamén fixo fincapé no importante papel que teñen as familias nos procesos de recuperación, así como a implicación desinteresada das persoas voluntarias que colaboran coa entidade. Neste sentido, gabou programas como Proxecto Home Galicia e recordou que a Xunta destina a esta entidade máis de 490.000 euros para mellorar os seus servizos.