Nova

Política Social destaca a aposta pola solidariedade e a sensibilización mediombiental de Equiocio

O evento ademais de competición equina tamén alberga actividades como ciclismo e trail, no que se destinará parte da recadación á Asociación de Fibromialgia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor)

Ferrol, 2 de agosto de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe á inauguración dunha nova edición de Equiocio, evento hípico que se celebrará ata o vindeiro domingo na contorna da parroquia ferrolá de Covas. Ademais do alto nivel das probas equinas, este evento tamén destaca por unha programación baseada no ocio familiar.

Cristina Pichel subliñou a ampla gama de actividades que atesoura Equiocio, que aínda que xira arredor do cabalo ten unha perfecta combinación de deporte, ocio, cultura e turismo grazas a outras iniciativas como o ciclismo e o trail, no que se destinará parte da recadación á Asociación de Fibromialgia e Fatiga Crónica do Noroesta (Affinor).