Nova

Política Social promove as vantaxes do Carné Xove entre a mocidade de Lalín

Nos seis primeiros meses deste ano o Espazo Xove de Lalín expediu 90 tarxetas, polas 83 que se realizaron neste lugar o ano pasado

Lalín (Pontevedra), 24 de xullo de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, fixo entrega no Espazo Xove de Lalín dos premios aos gañadores do sorteo enmarcado ao abeiro dunha actividade promocional do programa Carné Xove. Unha decena de persoas foron premiadas cun vale de 30 euros para compras no comercio local.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizou durante a Noite Branca de Lalín, posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Deza (AED), unha acción de promoción do Carné Xove. Ademais do sorteo de 10 vales de compra, que hoxe se entregaron aos gañadores, tamén se distribuíron folletos informativos dos comercios adheridos ao programa e informouse ás mozas e mozos das vantaxes da tarxeta.

Pola súa banda, Cristina Pichel destacou que no que vai de ano o Espazo Xove de Lalín expediu máis Carnés Xove que en todo o ano anterior. Nos seis primeiros meses de 2019 realizáronse 90 tarxetas, sete máis que no 2018.

Os gañadores do sorteo da acción promocional do Carné Xove foron: Ana Belén Jorge Mato, Samia Álvarez Taboada, Sabela Colmeiro García, Daniel Fuentes Dacal, Jairo Álvarez Taboada, Noela Mato López, Laura García González, Natalia Gutiérrez Silva, María Pérez Presas, Daniel Saco García.