Nova

Ildefonso de la Campa defende o protagonismo das galegas e galegos de máis idade na Festa dos Maiores de Portomarín

Portomarín (Lugo), 11 de maio de 2019.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Luis Balseiro, participou hoxe na Festa do Maiores de Portomarín. Ildefonso de la Campa defendeu o papel protagonista que deben seguir tendo en Galicia as persoas de máis idade.

O director xeral tamén asegurou que os maiores son un dos piares fundamentais da nosa comunidade, e garantiu o compromiso do Goberno galego por continuar mellorando os recursos e servizos de proximidade coa finalidade de que estas persoas gañen en autonomía e calidade de vida.