Nova

Cristina Pichel pon en valor o emprendemento xuvenil en sendas xornadas celebradas en Porto do Son e na cidade portuguesa de Bragança

Cristina Pichel pon en valor o emprendemento xuvenil en sendas xornadas celebradas en Porto do Son e na cidade portuguesa de Bragança

Porto do Son (A Coruña), 11 de abril de 2019.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe en Porto do Son na V Xornada Xuventude e Emprego: Emprendendo desde o sustentable, que se celebrou no auditorio da Casa da Cultura do municipio coruñés. O encontro serviu para fomentar a iniciativa emprendedora entre a xente nova, para o que se lles deu a coñecer experiencias de negocio e actividade baseadas na sustentabilidade, ben sexa polas materias primas empregadas, polas técnicas de produción, polo respecto ao medio ou pola recuperación de oficios, entre outros factores.

Ademais de a estas xornadas, a directora xeral tamén asistiu na cidade portuguesa de Bragança á sexta edición do Encontro Internacional de Mozas e Mozos Emprendedores, onde explicou as iniciativas e programas da Xunta de Galicia dirixidos a impulsar o emprendemento, mellorar a formación e a empregabilidade xuvenil.