Inicio > Consellería > Normativa > Decreto 19/2008, do 7 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Centros de Día de Atención Social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Decreto 19/2008, do 7 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Centros de Día de Atención Social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Observacións:

O Goberno galego, consciente das elevadas necesidades asistenciais que precisan as persoas que padecen alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como as necesidades de apoio dos seus familiares, ten asumido, como compromiso prioritario, o establecemento dunha rede galega de centros de día de atención á dependencia, dirixida especificamente a este colectivo. A creación destes equipamentos pretende paliar as deficiencias que nestes momentos se evidencian por mor da insuficiente oferta de prazas de atención especializada e a insuficiencia das axudas para os coidadores, tratando de evitar, deste xeito, que tales situacións constitúan un factor máis de illamento ou exclusión social.

A súa estrutura é a seguinte:

  • Capítulo I: Disposicións Xerais.
  • Capítulo II: Centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas sección primeira disposicións de carácter xeral.
  • Capítulo III: Rede galega de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
  • Disposición adicional
  • Disposición derogatoria
  • Disposición derradeira