Participación Infantil
PROCESO DE SELECCIÓN DE CANDIDATOS/AS PARA A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO AUTONÓMICO DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE GALICIA
Seguindo coa publicación do Decreto 12/2023, de 19 de xaneiro, polo que se crea e regula o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, iníciase agora o proceso de selección dos 30 integrantes a formar parte do mesmo.
Quen pode presentarse como candidato/a?
Poderán formar parte do Consello Autonómico e por tanto presentarse como candidatos/as os nenos, nenas e adolescentes, residentes en Galicia, de entre 8 e 17 anos, que pertenzan a algún dos seguintes grupos:
- Consellos locais de participación infantil e adolescente promovidos por concellos de Galicia.
- Entidades que forman parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG).
- O sistema de protección á infancia de Galicia.
Cada consello local ou grupo de participación pode presentar ata dúas candidaturas, das que serán seleccionados un/unha representante e un/unha suplente.
Requisitos para presentar a candidatura
Os nenos, nenas e adolescentes que queiran formalizar a súa candidatura deberán presentar a seguinte información:
- Unha autorización asinada pola súa nai/ o seu pai/ titor/a segundo o modelo adxunto no Anexo I.
- Un escrito do seu consello ou grupo de participación no que informe do seu apoio á candidatura e expoñendo os motivos polos que debe ser seleccionado/a.
- A súa motivación pola que quere ser parte do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Galicia.
- Os intereses ou temas importantes para o seu consello ou grupo a representar e que deben ser tratados no Consello Autonómico
- De que xeito compartirá as reunións, traballos e iniciativas do Consello Autonómico co seu consello ou grupo de participación
Prazo de presentación de candidaturas
As candidaturas deben enviarse ao correo electrónico galicia@unicef.es con data límite ás 23.59 horas do 20 de marzo de 2023.
Data de constitución do Consello
Está previsto que a sesión de constitución do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Galicia teña lugar o 21 de abril de 2023.
Para maior información, dirixirse ao correo electrónico: caia@xunta.gal
Adxuntos