Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Infancia > Protección da Infancia > O teléfono da infancia

Protección da infancia

Liña de axuda á Infancia: 116111

A liña de axuda á infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan

Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno ou nena pode estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido.

É unha liña gratuíta que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día, e o seu número é o 116 111. Neste teléfono atoparase sempre un profesional á disposición dos nenos e nenas, que buscarán a mellor solución para cada caso. 

Se es un neno, nena ou adolescente, lembra:

  • Non permitas que ninguén te golpee.
  • Non aceptes invitacións a participar en actividades sexuais.
  • Non deixes que ningunha persoa, da familia ou allea, teña por norma desprazarte ou insultarte.
  • Tes dereito a ir á escola e ninguén pode obrigarte a traballar coma un adulto.
  • Non hai persoa no mundo que teña dereito a maltratar a un neno. Non permitas que a ti che pase. Lembra que no 116 111 hai a todas as horas un profesional que está da túa parte porque tes dereito.

 

Teléfono do neno

 

Como denunciar os casos de maltrato infantil?

Axúdaos a tempo!
Chama á liña de axuda á infancia
116 111