Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

FINALIDADE

A tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ten como finalidade facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular.

BENEFICIOS

A tarxeta acreditativa non crea de por sí mesma novos beneficios ou servizos a maiores dos que actualmente xa pode optar a persoa que teña recoñecida un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O obxectivo da mesma é facilitar a acreditación desta situación.
Na orde se contempla que anualmente o órgano de dirección con competencias en materia de discapacidade informará sobre as vantaxes e beneficios vinculados á titularidade da tarxeta a través do portal de benestar da Consellería con competencias en materia de servizos sociais (http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-discapacidade), sen prexuízo doutros medios de información que se consideren oportunos. A este respecto actualmente está en fase de elaboración a Carta de Servizos do Sistema para a Valoración e Recoñecemento da discapacidade, na que se recollerán como anexo as distintas medidas de apoio ás persoas con discapacidade e que se publicará e actualizará anualmente na web (anexo informativo).
 
TITULARES DA TARXETA
 
Poderán ser titulares da tarxeta acreditativa de grao de discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, cuxo expediente obre en poder da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia , segundo o procedemento establecido o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, desenvolvido pola Orde do 25 de novembro de 2015 da Consellería de Política Social, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

PROCEDEMENTO DE EMISIÓN

Xefaturas Territoriais:

  • Emisión de oficio da tarxeta, que se acompañará xunto coa resolución administrativa, para os expedientes actualmente en tramitación (tanto solicitudes iniciais como de revisión).
  • Emisión da tarxeta a instancia de parte nos casos de solicitude dunha nova por perda ou substracción (Procedemento BS611C).

 
Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da discapacidade

  • Emisión da tarxeta a instancia de parte para as persoas que na data 05/08/2016 teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e que non teñan un expediente de revisión en tramitación (neste caso a tarxeta se emite pola XT coa correspondente resolución adminitrativa trala revisión do grao de discapacidade recoñecido). Procedemento de solicitude a instancia de parte (BS611B).

    https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=611B&procedemento=BS611B

     
  • Emisión da tarxeta de oficio nos supostos de discapacidade sensorial visual (nos supostos de expedientes actualmente en tramitación). Neste caso, trala resolución emitida pola Xefatura Territorial correspondente, na que se recoñeza un grao igual ou superior ao 33%, se procederá á emisión da tarxeta á persoa beneficiaria dende a Subdirección Xeral.


 

 

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade