Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Familias numerosas > Solicitude e documentación a achegar para a expedición e renovación do título

TRÁMITES RELACIONADOS CO TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA

Solicitude e documentación a achegar para expedición e renovación do título

 

1. PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO:

  • Impreso cuberto e asinado.
  • Fotocopia do DNI, NIE ou do permiso de residencia e/ou traballo de ambos cónxuxes, agás supostos de viuvez, se non se autoriza a consulta para obter do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a verificación dos datos do seu documento.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.
  • No suposto de viuvez: certificado de defunción ou fotocopia do libro de familia onde estea rexistrado o falecemento.
  • No caso de separación ou divorcio: fotocopia da sentenza de separación ou divorcio e, de ser o caso, do convenio regulador. Se solicita o título de familia numerosa a persoa proxenitora que non convive coas fillas ou fillos, a persoa que ten a custodia deberá asinar o seu consentimento na solicitude e haberá que achegar ademais copia do seu DNI.
  • No caso de discapacidade ou incapacidade para o traballo dalgún membro: certificación expedida polo Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional de Seguridade Social. No caso de certificacións emitidas polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) da Consellería de Política Social non é necesario a achega.
  • No caso de que a discapacidade corresponda a unha filla ou fillo maior de 21 anos, certificado de ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria as certificacións relativas ao seu nivel de renda, salvo que percibisen pensión non contributiva por invalidez.
  • No caso de adopción ou acollemento familiar permanente: copia da resolución xudicial ou administrativa que a constitúa, salvo que fose expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • No caso de tutela: copia da resolución xudicial e certificado das pensións e prestacións percibidas se a persoa tutelada é maior de 21 anos, salvo autorización expresa para a súa consulta.
  • No caso de cidadáns españois que traballen en institucións españolas no estranxeiro, documentación acreditativa de estar inscritos no censo electoral de calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.


2. PARA A RENOVACIÓN


DOCUMENTACIÓN COMÚN A TODAS AS RENOVACIÓNS

  • Título de familia numerosa caducado.
  • Impreso cuberto e asinado.
  • Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.

NO SUPOSTO DE QUE AS PERSOAS TITULARES SEXAN ESTRANXEIRAS

  • Fotocopia do NIE ou do permiso de residencia e/ou traballo de ambos cónxuxes, agás
  • supostos de viuvez, se non se autoriza a consulta para obter do Ministerio de Facenda e
    Administracións Públicas a verificación dos datos do seu documento.

POR CAMBIO DO NÚMERO DE PERSOAS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

  • Copia do libro de familia.

POR ESTUDOS DAS FILLAS OU FILLOS DE MÁIS DE 21 ANOS

  • Fotocopia da matrícula do curso actual e da carta de pagamento ou, no seu defecto,
    certificado do centro onde figure o nome da alumna ou alumno, materia que estuda,
    curso académico.
  • No caso de que a filla ou fillo maior de 21 anos teña algún ingreso: certificado de
    ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria as
    certificacións relativas ao seu nivel de renda. No suposto de que os ingresos aínda non
    estean contemplados no derradeiro exercicio facilitado pola AEAT, copia da vida laboral
    e as nóminas correspondentes ao último ano.


POR DISCAPACIDADE SUXEITA A REVISIÓN DAS FILLAS OU FILLOS MAIORES DE 21 ANOS

  • Certificación expedida polo Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional
    de Seguridade Social. No caso de certificacións emitidas polos Equipos de Valoración e
    Orientación (EVO) da Consellería de Política Social non é necesario a achega.
  • No caso de que a discapacidade corresponda a unha filla ou fillo maior de 21 anos,
    certificado de ingresos ou autorización para solicitar da Axencia Estatal da
    Administración Tributaria as certificacións relativas ao seu nivel de renda, salvo que
    percibisen pensión non contributiva por invalidez.

 

 

Unidos pola familia

Unidos pola familia