Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Servizos sociais comunitarios > Sistema de información de usuarios de servizos sociais(SIUSS)

servizos sociais comunitarios

Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS)

O Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS) é a aplicación informática propia dos servizos sociais comunitarios, o resultado dun traballo que trata de dar unha resposta axeitada ás necesidades xurdidas ao longo do proceso de evolución que tivo lugar nos servizos sociais nos últimos vintecinco anos.

O SIUSS é propiedade intelectual do Estado, o que lle ten cedida á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión e custodia do mesmo en relación coa súa utilización polas corporacións locais de Galicia, cesión que se materializou a través dun convenio de cooperación asinado o 7 de xuño de 1994 entre o Ministerio de Asuntos Sociais e a Xunta de Galicia, no que esta administración autonómica comprométese a garantir a plena difusión e implantación do SIUSS, así como a coordinar a transmisión da información recollida no SIUSS polos servizos sociais comunitarios das corporacións locais desde a administración autonómica á estatal.

O dito sistema hai que entendelo como o soporte documental tradicional propio dos/as traballadores/as sociais (a "Ficha social"), agora informatizado, convertendo, deste xeito, o instrumento de traballo tradicional destes profesionais nun instrumento informatizado que permite recoller os datos básicos e obter a información estatística sobre os usuarios dos servizos sociais comunitarios, dunha maneira máis áxil e operativa, optimizando as tarefas relacionadas coa atención directa ao usuario dos servizos sociais.

O SIUSS deseñouse para a súa utilización nas unidades de traballo social de zona dos centros de servizos sociais comunitarios. Será cumprimentado polos traballadores sociais dos servizos sociais comunitarios, sempre que se produza unha intervención profesional como resposta a unha demanda social, servindo de instrumento de recollida de datos, valoración da situación e de xestión das actuacións profesionais.

Obxectivos e finalidade

  • Permitir o almacenamento de gran cantidade de datos dos usuarios dos servizos sociais comunitarios.

  • Permitir ao propio traballador social a explotación estatística dos datos recollidos, o que lle posibilita e facilita un mellor coñecemento tanto da demanda,das necesidades sociais da súa zona, coma dos recursos e a necesidade destes,por outra parte permite aos traballadores sociais a elaboración dos informes sociais, cara á consecución de recursos, derivacións a outros profesionais, etc...

  • Coñecemento do perfil sociodemográfico da poboación que accede aos servizos sociais, e de recursos existentes.

  • Detección dos problemas individuais e colectivos desde criterios homoxéneos.

  • Posibilitar a realización dun correcto seguimento das intervencións sociais ata a súa solución.

Utilidades

  • Facilita a recollida de información por parte dos profesionais.

  • Posibilita a obtención de estatísticas que permitan coñecer a realidade sobre a que se traballa nos catro niveis de actuación: U.T.S.(Unidade de Traballo Social), C.S.S. (Centro de Servizos Sociais), Comunidade Autónoma e Ministerio.

  • Posibilita a mellor planificación dos servizos sociais polo coñecemento que da a xestión dos expedientes familiares dos usuarios dos servizos sociais comunitarios. A aplicación SIUSS ofrece este coñecemento desde unha perspectiva cualitativa e cuantitativa sobre as necesidades detectadas, as valoracións profesionais realizadas e os recursos sociais cos datos obtidos a partires da explotación estatística dos datos recollidos.

  • Permite coñecer puntualmente os cambios de necesidades que se van producindo na zona correspondente. A explotación estatística dos datos pódese territorializar tanto por U.T.S., concellos, provincias, como por comunidade autónoma.

Neste intre están a funcionar con esta aplicación o 99 % dos concellos de Galicia, o 1% restante non utilizan como sistema de información a aplicación informática SIUSS, aínda que é posible que o programa se instale nese 1% restante nun curto período de tempo, xa que é só cuestión de que nestes concellos tomen conciencia da necesidade da informatización dos soportes documentais das distintas disciplinas profesionais.
 

Documentos relacionados

 

text