Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Residencias de tempo libre

FAMILIA

Residencias de tempo libre - 2016

 

 
Adxudicación de estadías, durante a tempada de verán, nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) dependentes da Consellería de Política Social.

 

Persoas destinatarias:

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

 

Servizos ofertados:

                    Servizos de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.

                    Servizos para non residentes: servizo de comedor para familiares e amizades das persoas residentes.

 

Solicitudes:

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.

 

A solicitude (anexo I) irá acompañada da seguinte documentación:

·         Certificado de discapacidade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

·         Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

·         Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

·         Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no caso de non ser expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

·         Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.

 

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de abril.

 

Adxudicación de estadías

A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo de datas. O dito sorteo terá lugar o día 4 de maio de 2016, ás 10.00 horas, nas dependencias da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social (San Caetano s/n, Santiago de Compostela), que será público e terá lugar ante a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social. Deste sorteo redactarase acta e remitirase o resultado ás persoas titulares das xefaturas territoriais competentes por razón do territorio en que se atopan as residencias de tempo libre.

 

O día 23 de maio de 2016 publicarase a relación das persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas nas páxinas web http://benestar.xunta.es/ e www.familiasgalegas.org.

Do mesmo xeito, farase e publicarase nas mesmas páxinas web unha relación das persoas solicitantes que queden en reserva.

 

Reserva de quendas para familias de especial consideración segundo da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

·         primeira quenda do mes de agosto para as familias numerosas

·         última quenda do mes de xullo para as familias acolledoras

·         segunda quenda do mes de xullo para as familias monoparentais

 

As prazas das quendas reservadas que non se cubran incluiranse na quenda xeral.

As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten a unha quenda distinta da reservada para elas non terán ningunha preferencia.

Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán na mesma residencia.

 

Estadías das persoas residentes

Residencia

Mes

Quenda

Tempada

Panxón

Xullo

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta

O Carballiño

Xullo

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta