Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Axudas e Prestacións > Renda de inclusión social de Galicia

PRESTACIÓNS

Renda de inclusión social de Galicia (RISGA)



A renda de inclusión social de Galicia é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
A renda de inclusión social de Galicia, en canto prestación económica, terá carácter alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas.
Os proxectos de integración social estarán orientados ao logro da mellora persoal e social da persoa perceptora da RISGA e das que integran a unidade de convivencia, así como á súa autonomía, participación e integración normalizada no seu ámbito social, e articularanse por medio de accións concretas que incidan na mellora das condicións básicas de vida, coidado persoal, hixiene do fogar e da vivenda, coidado e atención a posibles conviventes con calquera tipo de discapacidade e seguimento de aspectos básicos de saúde.

 

Normativa

  • Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG do 31 de decembro).

 

Requisitos RISGA

Poderán ser beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia as persoas que, tecnicamente valoradas, se atopen en situación ou risco de exclusión social, das que se verifique a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral:

  • Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero
  • Ser unha persoa vítima de violencia doméstica
  • Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %
  • Ser inmigrante ou emigrante retornado
  • Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores
  • Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda
  • Pertencer a unha minoría étnica
  • Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas
  • Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual
  • Calquera outro factor non previsto expresamente que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

Ademais deben reunir os seguintes requisitos:

  • Ter residencia efectiva e constatada polos servizos sociais comunitarios responsables de desenvolver as accións que se deseñen no correspondente proxecto de integración social e estar empadroado ou empadroada en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración. Computaranse para estes efectos os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.
  • Ter residencia legal.
  • Ter máis de 25 anos.
  • Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.

Para o cumprimento do requisito de carecer de ingresos ou rendas suficientes para a subsistencia haberá que ter en conta o seguinte:

  • A contía do ingreso mínimo do tramo persoal da RISGA será equivalente ao 75% do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), fixado na lexislación específica que resulta aplicable.
  • O índice de referencia IPREM para o ano 2018 é de 6.454,03 € e o importe mensual resultante é de 537,84 €.
  • A contía do complemento familiar será de aplicación as persoas que convivan coa persoa solicitante, unidas por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento ou por lazos de parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao, respectivamente.

 

Núm. convivintes

Límite
sen menores

Límite
con menores

1 (Ingreso mínimo)

403,38 €

2 (Ing. mínimo + 14% IPREM)

478,68 €

3 (Ing. mínimo + 26% IPREM)

543,22 €

4 (Ing. mínimo + 36% IPREM)

597,00 €

5

645,41 €

650,78 €

6

645,41 €

704,56 €

7

645,41 €

726,08 €

Límite máximo do complemento familiar en unidades de convivencia sen menores (120% IPREM) = 645,41 €
Límite máximo do complemento familiar en unidades de convivencia con menores (135% IPREM) = 726,08 €
Existen na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia unha serie de excepcións a estes requisitos xerais, artigos 13 e seguintes.
*****************************************************************************************

Contías da RISGA para 2018

A contía da renda de inclusión social de Galicia para 2018 consta dunha prestación mínima correspondente ao tramo persoal e un complemento correspondente ao tramo familiar.


Conceptos

Contías

TRAMO PERSOAL (75% IPREM) - Ingreso mínimo

403,38

TRAMO FAMILIAR

1º (14% IPREM)

75,30

 

2º (12% IPREM)

64,54

 

3º e sg. (10% IPREM)

53,78

Subsidiaridade e Incompatibilidades

A renda de inclusión social de Galicia será subsidiaria e incompatible coas pensións non contributivas ou con calquera outra prestación ou pensión de contía igual ou superior a das ditas pensións.
Tampouco poderán acceder á renda de inclusión social de Galicia aquelas persoas que teñan a idade mínima establecida para que podan solicitar unha pensión non contributiva de xubilación.

Calquera outro ingreso, así como as pensións e prestacións de importe inferior ao da pensión non contributiva percibidas pola persoa solicitante da renda de inclusión social de Galicia, non impedirán o acceso a ela, pero descontaranse do seu importe, coas excepcións sinaladas na Lei 10/2013, do 27 de novembro.
Así mesmo, os ingresos, pensións ou prestacións percibidas por outras persoas integrantes da unidade de convivencia distintas da titular serán compatibles e deducibles do importe da renda nos termos sinalados na Lei 10/2013, do 27 de novembro.

Obrigas dos perceptores dunha RISGA

As persoas beneficiarias da renda de inclusión social terán as seguintes obrigas:

  • Relativas á percepción regular da prestación económica
  • Relativas ao reintegro de cantidades indebidamente percibidas
  • Relativas á información, comunicación e transparencia
  • Relativas ao exercicio de dereitos
  • Relativas aos ou ás menores e ás medidas previstas no proxecto de integración social e no convenio de inclusión sociolaboral
  • Cantas outras obrigas deriven do obxecto e da finalidade da renda de inclusión social de Galicia

Solicitude

  • Renda de inclusión social de Galicia (RISGA) – BS626F

sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS626F

Donde solicitar unha RISGA

  • Servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia.
  • Xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia.

A Coruña

Lugo

Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social
Avda. Salvador de Madariaga, 9, 1º planta
15071 A CoruñaT

Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo

 

 

 

 

Ourense

Pontevedra

Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social
R/ Sánez Díez, 33
32071 Ourense

Xefatura Territorial de Política Social
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración Social
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)