Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Procedementos administrativos

Axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu entorno. (BS401A)

  • Descrición
    A finalidade destas axudas e proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer a permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlle ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores e a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
  • Descrición longa:

    A contía mínima e máxima da axuda está comprendida entre 100 € e 500 € mensuais por cada unidade familiar, sen que en ningún caso poida superarse a contía de 150 € por fillo.

    Beneficiarios:

    Unidades familiares con fillos menores de dezaoito anos que estean en circunstancias de risco social e precisen apoios económicos para satisfacer as súas necesidades básicas e evitar a desestruturación familiar.

    Para os efectos desta orde enténdese por unidade familiar a formada por pais e fillos, sempre que estes sexan menores de 18 anos ou maiores de 18 con grao de minusvalidez recoñecido superior ou igual ao 33%.

    Do mesmo xeito, entenderase por unidade familiar a conformada polos familiares que teñan outorgada a tutela ou garda e custodia por vía xudicial ou administrativa e os menores respecto dos cales a exerzan. Estes, se son menores de dezaoito anos, terán a consideración de fillos menores para os efectos do disposto nesta orde.

    No caso de unidades familiares monoparentais, incrementarase en 0,8 unidades o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
     

Documentos relacionados