Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Procedementos administrativos

Prazas para residencia de educadores en prácticas en centros de atención a menores (BS424A)

  • Descrición
    Convocatoria, mediante o procedemento de concorrencia competitiva, de 35 bolsas para a realización de prácticas nos centros de internado de menores dependentes da Consellería de Traballo e Benestar durante o curso escolar 2009-2010.
  • Descrición longa:

    Beneficiarios:

    Esta convocatoria está destinada a estudantes con dificultades económicas, configurándose como medio de axuda para o desenvolvemento dos seus estudos de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, universitarios e de doutoramento, así como os técnicos superiores de formación profesional, ao mesmo tempo que acadan experiencia no eido educativo e asistencial nos centros de atención de menores.

    Requisitos:

    • Ser español/a ou nacional de calquera país membro da Unión Europea, legalmente establecido en España e con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Non ter cumpridos os 25 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    • Estar cursando ou ter rematados estudos de formación profesional de grao superior en animación sociocultural, animación de actividades físicas e deportivas e integración social, ou estudos universitarios de psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, mestre de educación primaria ou educación física, traballo social e educación social.
    • Non realizar actividades profesionais remuneradas por conta propia ou allea, nin recibir bolsas similares ás desta convocatoria.
    • Non ter aproveitado en anteriores convocatorias estas ou outras bolsas de similares características por un período superior a un ano.
    • Non padecer defecto físico que impida o desenvolvemento normal da actividade do centro.
Documentos relacionados