Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Procedementos administrativos

Solicitude de adopción (BS401F)

  • Descrición longa:

    Adopción nacional

    Beneficiarios:

    Persoas interesadas en formalizar a adopción dun menor do sistema de protección galego.

    Requisitos:

    • Ter como mínimo 25 anos cumpridos; no caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas con relación estable análoga á conxugal, bastará con que un deles teña esta idade. En todo caso, o adoptante deberá ter, polo menos, 14 anos máis que o adoptado.
    • Ter residencia habitual na Comunidade Autónoma galega ou ser emigrante galego con previsión de retorno; neste caso deberase xustificar a residencia efectiva na comunidade autónoma no prazo máximo dun ano desde a data de presentación da solicitude.
    • Ter plena capacidade xurídica e de obrar.
    • Estar declarado persoa idónea para a adopción tras o correspondente procedemento de valoración.
    • Inscrito no Rexistro de Adopcións da Comunidade Autónoma de Galicia.
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas