Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Dependencia > Procedemento de solicitude

DEPENDENCIA

Procedemento de solicitude

O procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e acceso ao catálogo de recursos do sistema e ten dúas fases ben diferenciadas: unha primeira fase para valoración e outra para a Atención Individualizada.

O procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e acceso ao catálogo de recursos do sistema desenvólvese no Decreto 15//2010 e na Orde do 2 de xaneiro de 2012 e ten dúas fases ben diferenciadas:
  1. Unha primeira fase para valorar ao solicitante e recoñecerlle, se é o caso, o grao de dependencia.
  2. E unha segunda fase na que se resolve un Programa Individual de Atención a través do que se lle garantiza á persoa dependente o acceso a un servizo de atención ou prestación económica segundo o catálogo de recursos.
1ª Fase: Recoñecemento da situación de dependencia

O procedemento iníciase na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social que corresponda co lugar de residencia do solicitante, poidendo ser entregada a solicitude en calquera dos rexistros con portelo único.

A Comunidade Autónoma Galega determinou os órganos de valoración da dependencia constituídos por equipos interdisciplinares, integrados por médicos, psicólogos, traballadores sociais e diplomados en ciencias da saúde (terapeutas ocupacionais e fisioteraputas) que emiten, unha vez estudados os informes, unha proposta-ditame sobre o grado e nivel de dependencia coa especificación dos coidados que a persoa poida requirir.

Realizada a valoración do solicitante, a Xefatura Territorial emite unha resolución na que se recoñece a situación de dependencia e se determinan os servizos e prestacións que lle corresponden.

2º Fase: Resolución do Programa Individual de Atención

A resolución do Plan Individual de Atención (PIA) determina, de entre os servizos e prestacións económicas previstas na resolución para o seu grado e nivel, aqueles que son máis adecuadas ás necesidades da persoa en situación de dependencia

Documentos relacionados

 

text