Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Formación SIUSS-1º semestre -2017

  • Descrición
    FORMACIÓN PRESENCIAL DE SIUSS - 2017
  • Descrición longa:

    Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de sanidade, servizos sociais e igualdade, van realizarse 2 xornadas formativas sobre SIUSS,  de 5 horas de duración, neste 1º semestre do ano.

     

    A 1ª xornada estará destinada a traballar sobre a conceptualización para a mellora da calidade de cobertura de datos  e optimización da ferramenta SIUSS, rexistro de calidade da demanda, valoración e recursos,  así como ao coñecemento da actualización do 4º nivel e a recoller as necesidades do alumnado no que á cobertura de SIUSSGAL se refira.

     

    A 2ª xornada estará destinada a traballar sobre as últimas actualizacións de SIUSS e a explotación estatística da ferramenta, así como a optimización da aplicación.

     

    Esta formación presencial de SIUSS- 2017,  que se xestiona dende a Consellería de Política Social está destinada a todos as/os profesionais do equipo técnico de servizos sociais municipais.

     

    Realizarase na aula de informática da Consellería de Política Social en San Lázaro - Santiago de Compostela.

     

    Para a inscrición é preciso enviar a solicitude debidamente cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.es

     

    Prazo de remate de solicitude:   12 de maio de 2017.

     

    XORNADAS SIUSS

    · Xornadas sobre a cobertura de SIUSS – Conceptualización.

    Rexistro de datos de calidade- demanda - valoración e recursos. Conceptos clave, análise e necesidades do actual 4º nivel:

    Data: 30 de maio de 2017, en horario de 9:30 a 14:30.

     

    · Xornada sobre as últimas actualizacións de SIUSS e a explotación estatística da ferramenta, así como a optimización da aplicación.

    Data: 1 de Xuño de 2017, en horario de 9:30 a 14:30.

    Prazo de solicitude:   12 de maio de 2017

    Información: As solicitudes poden facerse por unha xornada de cada modalidade.

    As persoas que solicitan xornadas das dúas modalidades deben poñer a data por orde de preferencia.

    Para a selección das accións formativas, terá prioridade a persoa solicitante que non teña realizada ningunha outra xornada do mesmo plan no ano anterior.  

Documentos relacionados