Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020

  • Descrición longa:

    O 18 de decembro de 2014 o Consello da Xunta de Galicia aprobou a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020. Esta Estratexia constitúe un marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral. A súa formulación tivo un carácter participativo no que se implicaron todos os departamentos da Xunta de Galicia, corporacións locais e a súa federación, entidades de iniciativa social, colexios profesionais e axentes sociais que operan dos diferentes territorios de Galicia.

    A EIS de Galicia 2014-2020 enmárcase dentro do Programa Operativo FSE e FEDER Galicia 2014-2020, no seu Obxectivo Temático 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".

    A implantación da EIS Galicia 2014-2020 realizarase a través de tres Plans Operativos de Inclusión Social, de carácter bianual e consecutivo durante o período 2014-2020. O Plan Operativo de Inclusión Social 2015-2016, que prevé máis de 300 accións, constitúe a primeira fase de implantación da Estratexia.
     

    logos_xunta_fse