Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Programa RECONDUCE

  • Descrición longa:

     

    Que é?

    O Programa Reconduce constitúe o marco integrado de coordinación dos servizos que van poñerse a disposición para dar apoio ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento da vivenda habitual; ben para previlo, ou ben para paliar os efectos deste.

     

    Por que nace?

    Como consecuencia da crise económica, miles de familias viron como algún ou todos os seus membros perderon o seu posto de traballo, véndose abocadas a non pagar a hipoteca da súa vivenda habitual pola falta de ingresos.

     

    Para que?

    Para reducir as situacións de vulnerabilidade económica e/ou social que padecen as persoas e familias en risco de desafiuzamento da súa vivenda habitual. Trátase de evitar o desafiuzamento, cando sexa posible; e reducir os seus efectos cando inevitablemente se acabe producindo.

     

    Para quen?

    O Programa diríxese a dous grupos de intervención:

    A. Un grupo formado por persoas e familias en risco de desafiuzamento, sen proceso xudicial aberto. Este grupo é o principal destinatario dos recursos específicos que crea o programa, os cales prevén intervencións de carácter preventivo para evitar o desafiuzamento por execución hipotecaria da súa vivenda en propiedade.

    En este caso, teranse en conta os seguintes requisitos:

    • A vivenda en propiedade hipotecada é a única que se posúe.
    • A vivenda atópase en Galicia.
    • O seu titular está empadroado nalgún municipio de Galicia. (en caso de existir varios titulares, al menos un deles).

    B. Outro formado por persoas e familias cuxo proceso xudicial está xa en curso. Como neste caso as posibilidades de chegar a un acordo extra procesual ou de mediación esgotáronse, as accións de intervención teñen un carácter máis paliativo (atención psico-social, orientación laboral e busca de vivenda alternativa

     

    Quen participa?

    Os departamentos da Xunta de Galicia que participarán no programa son cinco:

    • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    • Consellería de Política Social
    • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
    • Consellería de Economía e Industria
    • Consellería de Facenda

    Por outra banda, colaborarán os axentes colaboradores:

    • FEGAMP, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Consello Xeral do Poder Xudicial, entidades financeiras.

     

    Que servizos se prestan?

    De xeito prioritario, o programa facilitará ás persoas e familias en risco, asesoramento xurídico e económico - financeiro dirixido a evitar a apertura dun proceso de execución hipotecaria da vivenda habitual. Dito asesoramento incluirá a realización de actuacións tendentes a acadar acordos de reestruturación da débeda coas entidades financeiras.
    Ademais, de xeito complementario, facilitaralles atención psico-social, orientación laboral e, cando reúnan os requisitos para acceder a estes, servizos de xustiza gratuítos e apoio na busca da vivenda alternativa.
    A través do programa, prestaranse os seguintes servizos:

    • asesoramento xurídico e económico, que inclúe a realización de actuacións de mediación coa entidades financeiras
    • atención social
    • apoio psicolóxico
    • orientación laboral
    • busca de vivenda alternativa

     

    Cando?

    A partir do 15 de outubro de 2013.

     

    Como?

    A Oficina de asesoramento central do Programa, ubicada na EGAP, en Santiago de Compostela, está integrada por técnicos especializados en dereito e economía-financeira, os cales asesoran ás persoas usuarias e realizarán as funcións de mediación coas entidades financeiras. Tamén contará cun traballador/a social e un psicólogo/a.
    .
    Dita Oficina central e os concellos coordinaranse para prestar a atención que se requira en cada caso.

     

    Horario de atención ao público: de 9 a 14 horas.

    Para máis información:

    • Na páxina web da Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/
    • Nos servizos sociais do teu concello
    • Nos teléfonos da Oficina de asesoramento-Programa Reconduce. Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela): 881 996 116- 881 996 117- 881 996 118- 881 996 119- 881 996 120.
    • A través do correo electrónico: oficinacentral.programareconduce@xunta.es