Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Programa de localización e control voluntario de persoas en situación de especial vulnerabilidade

  • Descrición
    O sistema de xeolocalización consiste na utilización de dispositivos que trala emisión de alarmas permiten a localización dunha persoa fora do seu domicilio
  • Descrición longa:

    Características do servizo
    Trátase dun pequeno equipo que integra un terminal e un módulo de localización xeográfica vía satélite, conectado cun centro de control durante as 24 horas e dende o que é posible recuperar a posición exacta dunha persoa en calquera momento.
    Require delimitar previamente a zona pola que se despraza habitualmente a persoa portadora do dispositivo e permite verificar que se está movendo dentro dese perímetro establecido así como que se active unha alarma para localizalo cando sae da zona segura ou se atopa en situación de perigo.
    Para que a persoa usuaria poda ser localizada ten que levar consigo o dispositivo e telo operativo en todo momento.

    Persoas destinatarias
    Persoas que vivan no seu domicilio e presenten deterioro cognitivo como consecuencia da enfermidade de Alzheimer ou doutro tipo de demencias e que sexan susceptibles de sufrir perda de memoria, episodios de desorientación espacial temporal, caídas etc.

    Finalidade
    Contribuír ao mantemento da autonomía e á integración social das persoas usuarias, permitindo que podan seguir vivindo no seu domicilio e saír soas polo seu contorno.
    Facilitarlle a atención ás persoas que se ocupan do seu coidado dándolles seguridade.

    Solicitudes
    O acceso a este servizo solicitase no mesmo impreso ca o do recoñecemento de dependencia, indicando que este é o recurso que lle interesa á persoa solicitante.

    Prezo
    O prezo do servizo para a persoa usuaria é de 5 €/mes, mentres non entre en vigor o sistema de copago que establecerá a contía a pagar en función da capacidade económica de cada persoa que faga uso del.


    Para mais información pódense dirixir:

    • Ao Teléfono Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
    • Aos servizos sociais comunitarios do seu concello e/ou departamento de traballo social do seu centro de saúde ou hospital de referencia.
    • Á páxina web da Consellería de Política Social: http://benestar.xunta.es
    • Aos teléfonos 981 547 437 e 981 540 137 ou ao correo electrónico autonomiapersoal.sxps@xunta.es da Subdirección Xeral de Promoción de Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
    • Ás xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Documentos relacionados