Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Programa de adopcións especiais

  • Descrición
    Hai nenos que non atopan a familia adoptiva que precisan, a pesar de que existe un gran número de solicitantes de adopción en espera.
  • Descrición longa:


    Que é?
    Cada ano son mais e mais as familias que esperan para adoptar un neno, tanto en Galicia coma no estranxeiro, xa que invariablemente son moitos mais os solicitantes que os nenos dados en adopción. Sen embargo, na súa gran maioría estas familias agardan por un neno ou nena san e de curta idade, polo que aqueles nenos ou nenas que non encaixan nestae perfil ideal vense obrigados a residir permanentemente nun centro de menores porque non parece haber ningunha familia disposta a adoptalos.
    O programa de adopcións especiais trata de buscar familia para estes nenos.
    Profesionais especializados danlle a estas familias a formación específica que precisan e asesóranas e acompáñanas durante todo o proceso, para facilitar a integración e a convivencia.

    Para quen?
    Poden formar parte do programa aqueles nenos ou nenas que teñen mais dificultade para ser aceptados por unha familia adoptiva, ben por testar enfermos ou ter algunha discapacidade, por ter unha idade superior á prefirida, por tratarse dun grupo de irmáns, ou outras circunstancias que fan mais dificil a integración.

    As familias que forman parte do programa son todas aquelas que solicitaron unha adopción e están dispostas a recibir a un neno ou nena das características anteditas.

    Como funciona?
    O programa desenvólvese en colaboración coa Fundación Meniños. Os técnicos do programa buscan, seleccionan e forman as familias dispostas a adoptar nenos con algunha destas características. Unha vez que se atopa unha familia idónea para un neno ou grupo de irmáns que poden ter dificultades de integración, os técnicos levan a cabo un acompañamento constante durante todo o proceso, desde a fase de acollemento preadoptivo ata dous anos desde o inicio da convivencia.