Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Programa de teleasistencia da Comunidade Autónoma Galega.

  • Descrición longa:

     

    SERVIZO DE TELEASISTENCIA DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA PARA PERSOAS EN SITUACION DE DEPENDENCIA

    Acceso ao servizo

    Segundo establece a normativa vixente garantirase o dereito subxectivo para a atención das persoas en situación de dependencia de acordo co calendario implantado (con grao III, II e I-2 recoñecidos ata o 31/12/ 2011).


    Pese a elo, logo de ter garantida a atención das persoas que se atopan na situación anterior e sempre que haxa dispositivos de teleasistencia dispoñibles, tamén poderán acceder a este servizo aquelas persoas que na solicitude de recoñecemento de dependencia sinalen como expectativa o servizo de teleasistencia, aínda que o grao recoñecido non estea dentro do calendario establecido (con grao I e I-2 recoñecido a partir do 31/12/2011) e tamén aquelas ás que non lles fora recoñecido ningún grao de dependencia.


    Normativa reguladora do servizo:

    • Orde do 2 de xaneiro de 2012, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía persoal e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9, do 13 /01/2012).

    Concretamente os artigos e disposición que se sinalan a continuación:

    -       Artigo 23 (sobre a intensidade do servizo de teleasistencia)

    -       Artigo 27 (suspensión temporal do servizo)

    -       Artigo 32 (libranza vinculada ao servizo)

    -       Artigo 34 (determinación da contía)

    -       Artigo 47 (intensidade da libranza)

    -       Artigo 60 (compatibilidade con outros servizos ou libranzas)

    -       Disposición adicional 6ª (solicitude do servizo de teleasistencia a través do SADD)

     

    • Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 86, do 6/5/2013). Modifica os artigos 27 e 47 indicados anteriormente.

     

    • Decreto 149/ 2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do custo (DOG nº 182, do 24/09/2013).