Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Bono Coidado

  • Descrición longa:



    Que é?
    É unha axuda económica para familias con nenos e nenas menores de tres anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación.
    Consiste nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio nuns supostos determinados: enfermidade do/a menor, da persoa coidadora habitual, asistencia a entrevistas de traballo ou situacións laborais de carácter puntual que impidan a atención da nena ou neno polos membros da unidade familiar.
    Quen se pode beneficiar desta axuda?
    As persoas que teñan fillos ou fillas, tanto por natureza coma por adopción e as acolledoras de nenos/as menores de 3 anos (nacidos con posterioridade ao 31.12.2013 para a anualidade de 2016 e 31.12.2014 para a anualidade de 2017).
    Que requisitos hai que cumprir?

    • Residir en Galicia.
    • Non superar os 45.000 euros de renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral  e a base impoñible do aforro, ou os 13.500 euros de renda per cápita, na declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade de 2016 e  do ano 2015 respecto da anualidade 2017.

    En que consiste a axuda?
    A administración recoñecerá ás familias que cumpran os requisitos o dereito a obter unha subvención para un máximo de 80 horas de servizos de conciliación a domicilio para o período que vai do 27 de agosto de 2016 ao 1 decembro de 2017.
    A axuda farase efectiva unha vez se xustifique documentalmente o uso dos servizos.
    A contía da axuda é variable en función da renda da unidade familiar e oscila entre os 7 e os 14 €/hora.
    Onde se poden presentar as solicitudes?
    Dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde teña o seu domicilio a persoa solicitante, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
    Cal é o prazo de presentación?
    As solicitudes de axuda poderán presentarse desde o 27 de agosto de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.
    Que documentación hai que presentar?
    Unha solicitude segundo o modelo oficial do anexo I desta orde e a seguinte documentación:

    • Anexo II, agás que a familia estea a cargo dunha soa persoa adulta
    • Copia do libro de familia.
    • Copia do DNI da persoa solicitante, cónxuxe ou parella de ser o caso, só no caso de denegar expresamente a  súa consulta.
    • Certificado de empadroamento  de todos os membros da unidade familiar, só non caso de non autorizar a súa consulta.
    • Declaración do IRPF correspondente ao ano 2014 ou 2015, segundo corresponda da persoa solicitante, cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no caso de denegar expresamente a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
    • Copia da resolución xudicial ou administrativa de tutela, acollemento ou adopción, se é o caso no suposto de non prestar autorización  para a súa consulta ou cando se trate de procedementos formalizados noutra comunidade autónoma.
    • Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política  Social, só no caso de non autorizar a súa consulta, ou certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, nos casos de familias formadas por unha soa persoa proxenitora como consecuencia de separación legal, divorcio ou outras situacións análogas.

    Xustificación dos servizos e pagamento da axuda:
    A axuda farase efectiva ao achegar á xefatura territorial correspondente a seguinte documentación:
    a) Solicitude de pagamento (anexo III)
    b) Facturas orixinais dos gastos onde conste o día e a hora en que se prestou o servizo, así como os xustificantes bancarios do seu pagamento.
    c) Xustificación documental da situación puntual que da dereito á axuda.
    Cal é o prazo para solicitar o pagamento e xustificar á axuda?
    O 5 de decembro da anualidade ao que se refire o servizo, salvo no suposto de servizos recibidos no mes de decembro de 2016, respecto dos cales se deberá solicitar o pagamento no primeiro mes de 2017.

    INFORMACIÓN:  Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social
    XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º 
    15008 A CORUÑA
    Teléfono: 981185755
    XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
    Ronda da Muralla, 70 
    27071 LUGO
    Teléfono: 982294358
    XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
    Avda. de la Habana, 79 
    32004 OURENSE
    Teléfono: 988386595
    XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
    R/ Concepción Arenal, 8 
    36201 VIGO
    Teléfono: 986817817

Documentos relacionados