Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Plans e programas

Programa RECONDUCE

  • Descrición longa:

    Que é?

    O Programa Reconduce constitúe o marco integrado de coordinación dos servizos destinados a atender ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento da vivenda habitual, para darlles apoio, coa finalidade de:

    • Previr unha posible situación de desafiuzamento.
    • Evitar o desafiuzamento, se fose posible.
    • Se non se puidese evitar, paliar os seus efectos coa aplicación dos recursos axeitados a cada situación.

    O risco de desafiuzamento, xa sexa pola imposibilidade do pagamento da renda de alugueiro ou da cota hipotecaria, sempre ten que referirse á vivenda habitual.

    Para que?

    Para reducir as situacións de vulnerabilidade económica e/ou social, e contribuír á mellora das condicións de vida das persoas e familias en risco de desafiuzamento da súa vivenda habitual.

    Preténdese evitar o desafiuzamento, cando sexa posible; ou reducir os seus efectos, cando inevitablemente se acabe producindo.

    Para quen?

    Dende o programa, analízanse polo miúdo as circunstancias de cada situación para buscar, sempre de acordo coas persoas usuarias, a resposta más axeitada.
    As medidas de apoio diríxense a dous grupos de intervención:

    • Familias en risco de desafiuzamento pola imposibilidade do pagamento das cotas hipotecarias:

    Desenvólvense medidas de carácter preventivo, coa finalidade de reconducir a situación, e cando xa se prevé ou está iniciado un procedemento xudicial, o equipo técnico do programa realiza as intervencións necesarias coa finalidade de evitar o desafiuzamento da vivenda habitual (nomeadamente, a través da mediación coa entidade financeira para buscar solucións á posible perda da vivenda habitual).

    • Familias en risco de desafiuzamento polo non pagamento da renda do alugueiro:

    Intervencións dirixidas a persoas cun proceso xudicial aberto por este motivo e mais á prevención dos desafiuzamentos.
    Desenvólvense medidas tendentes á procura dunha solución para os casos nos que o dito proceso xudicial poida dar lugar a execución dun desafiuzamento.

    Cando non sexa posible evitar o desafiuzamento, as accións desenvolvidas diríxense fundamentalmente a paliar as consecuencias da perda da vivenda, coa aplicación dos recursos existentes. Nestes supostos, acódese aos programas executados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, así como aos dos propios concellos, ademais de a outras prestacións que melloran as circunstancias de vulnerabilidade nas que poidan atoparse as persoas usuarias do Programa Reconduce.

    Requisitos

    Os requisitos xerais de acceso ao Programa son:

    • Atoparse en risco ou situación de desafiuzamento.
    • A vivenda afectada debe ser a vivenda habitual e a única que posúa ou teña alugada a unidade de convivencia e, en todo caso, terá que estar situada no territorio da comunidade autónoma de Galicia.
    • O titular da vivenda ou do contrato de arrendamento debe estar empadroado nalgún municipio de Galicia (en caso de existir varios titulares, polo menos, un deles).

    Profesionais do programa

    O persoal deste programa está formado por un equipo interdisciplinar integrado por técnicos especializados en dereito, economía-financeira, psicoloxía e traballo social, un dos cales exerce tamén funcións de coordinación. Ademais conta con persoal administrativo de apoio.

    Préstase un asesoramento personalizado, axeitado a cada caso, e sempre de acordo coas familias usuarias, realízase unha análise pormenorizada de cada situación. Cando sexa preciso, facilítase un apoio psicosocial, redeséñase a economía familiar e aplícanse medidas concretas de mellora da situación, en coordinación con outros recursos e profesionais.

    O persoal do programa Reconduce, en colaboración cos servizos sociais comunitarios dos concellos galegos, traballa de xeito coordinado para prestarlle a atención adecuada a cada caso e, se é necesario, realizar o seguimento que se requira.

    Quen participa?

    Este programa está financiado coa axuda do Fondo Social Europeo (FSE), e nel participan:

    • Varios departamentos da Xunta de Galicia. En concreto, cinco:
    • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
    • Consellería de Política Social.
    • Consellería de  Infraestruturas e Vivenda.
    • Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    • Consellería de Facenda.
    • Os Servizos Sociais Comunitarios dos concellos de Galicia.
    • Por outra banda, actúan como axentes colaboradores:
    • FEGAMP, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Consello Xeral do Poder Xudicial e as entidades financeiras.

    Que servizos se prestan?

    A través do programa, préstanse os seguintes servizos:

    • asesoramento xurídico e económico: que inclúe a realización de actuacións de mediación coa entidades financeiras, elaboración de informes patrimoniais e financeiros, estudos de viabilidade, cadros teóricos de amortización, atención de consultas...
    • atención social: apoio individualizado, coordinación e xestión dos recursos sociais dispoñibles,...
    • apoio psicolóxico: acompañamento no proceso de duelo e abandono do fogar, escoita activa,...
    • En caso necesario, asesoramento e apoio na busca de vivenda alternativa.
    •  

    Para máis información:

    • Nos servizos sociais do teu concello
    • Nas Oficinas de asesoramento do Programa Reconduce.

    Oficina Central do Programa Reconduce da Xunta de Galicia
    programareconduce.politicasocial.santiago@xunta.gal
    Telf.: 881 996 116
    Rúa Madrid, 2-4 Primeiro andar-Edif. EGAP
    15781 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Oficina Programa Reconduce A Coruña
    programareconduce.politicasocial.coruña@xunta.gal
    Telf.: 981 185 760
    Xefatura Territorial de Política Social
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    15081 – A CORUÑA

    Oficina Programa Reconduce Ferrol
    programareconduce.politicasocial.ferrol@xunta.gal
    Telf.: 981 337 211
    Xefatura Territorial de Política Social
    Praza Camilo José Cela, s/n
    15481 – FERROL

    Oficina Programa Reconduce Lugo
    programareconduce.politicasocial.lugo@xunta.gal
    Telf.: 982 294 970
    Xefatura Territorial de Política Social
    Ronda da Muralla, 70
    27081 – LUGO

    Oficina Programa Reconduce Ourense
    programareconduce.politicasocial.ourense@xunta.gal
    Telf.: 988 386 212
    Xefatura Territorial de Política Social
    Rúa Sáenz Díez, 33-baixo
    32081 – OURENSE

    Oficina Programa Reconduce Pontevedra
    programareconduce.politicasocial.pontevedra@xunta.gal
    Telf.:986 805 532
    Xefatura Territorial de Política Social
    Rúa Fernández Ladreda, 43-1º
    36081 – PONTEVEDRA

    Oficina Programa Reconduce Vigo
    programareconduce.politicasocial.vigo@xunta.gal
    Telf.: 986 817 360
    Xefatura Territorial de Política Social
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36281 – VIGO

    Horario de atención ao público: de 9 a 14 horas.