Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Infancia > Plan estratexico galego da infancia e da adolescencia

infancia e adolescencia

Plan Estratéxico Galego da Infancia e da Adolescencia

En pleno debate sobre a familia e as familias do século XXI, este Plan Estratéxico aposta polo núcleo familiar como catalizador e garante do pleno desenvolvemento dos nenos, das nenas e dos adolescentes galegos.


Os desafíos, no que atinxe á poboación infantil e adolescente, son basicamente os mesmos para España e para Galicia, sen esquecer por iso os determinantes xeográficos, demográficos e culturais que a caracterizan. Por iso, este Plan Estratéxico entronca e enriquece a proposta - marco que, auspiciada por todas as Comunidades Autónomas, estableceu o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Este Plan concíbese tomando como base de actuación a Convención de Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989, para desenvolver unha cultura da promoción do bo trato á infancia e á adolescencia en Galicia, mediante actuacións cuantificables e concretas en tres ámbitos: a prevención, a protección e a reeducación.

En síntese este plan está integramente dedicado a promover e favorecer a calidade de vida dos nenos, nenas e adolescentes.
 

 

Plan estratéxico da infancia e adolescencia