Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

Resolución do 5 de decembro de 2014, pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos á convocatoria de selección para o posto de xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais.


Por Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro) anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto xerente vacante na Axencia Galega de Servizos Sociais.


Por Resolución do 1 de decembro de 2014, da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, aprobáronse as listas provisionais de solicitantes admitidos e excluídos.


Na devandita resolución preveuse un prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web , para presentar as reclamacións que se consideren oportunas.

Finalizado o dito prazo, esta Dirección,


RESOLVE:


Primeiro. Elevar a definitiva a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos.


Segundo. Anunciar a súa exposición pública na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar: http://benestar.xunta.es, e no taboleiro de anuncios da Consellería de Traballo e Benestar.



Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

(Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
 

A directora xeral de Familia e Inclusión

María Amparo González Méndez