Consellería de Política Social

Secretaría Xeral Familia e Benestar

Resolución do 1 de decembro de 2014, pola que se publican as listas provisionais de admitidos e excluídos á convocatoria de selección para o posto de xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Por Resolución do 24 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 5 de novembro) anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto xerente vacante na Axencia Galega de Servizos Sociais.

Na devandita resolución preveuse que tras a finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación, a Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais ditará unha resolución na cal se aproben as listas provisionais de admitidos e excluídos con indicación das causas de exclusión.

Finalizado o prazo de presentación e examinadas as solicitudes e a documentación presentada, esta Dirección,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos.

Segundo. As listas de admitidos (Anexo I) e excluídos (Anexo II) atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar: http://benestar.xunta.es, e no taboleiro de anuncios da Consellería de Traballo e Benestar.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web , para presentar as reclamacións que se consideren oportunas.


Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

(Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
A directora xeral de Familia e Inclusión

María Amparo González Méndez

Documentos relacionados