Consellería de Política Social

MEDIADORES FAMILIARES

Rexistro das persoas mediadoras

As persoas mediadoras familiares son profesionais especializadas no eido psico-socio-familiar e inscritas no Rexistro de Persoas Mediadoras de Galicia

Requisitos de inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras
Poderanse inscribir as persoas que reúnan os requisitos seguintes:

  • Estar en posesión da titulación de dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social ou educación social.
  • Estar en posesión das licenzas ou autorizacións pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional.
  • Ter desenvolvido, como mínimo durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude de inscrición no rexistro, actividades profesionais no eido psico-socio-familiar.
  • Aqueloutras que determine a Consellería de Política Social.


Solicitude e documentación para inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras

Para solicitar a inscrición no rexistro de mediadoras/es de Galicia presentarase cuberta a solicitude normalizada (Anexo I do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro), xunto coa documentación xustificativa que se indica no dito decreto e o pagamento das taxas establecidas a tal efecto, mediante o Modelo AI (autoliquidación de taxas)
(CÓDIGOS: Consellería: Política Social - 14, Servizo: Secretaría - 001, Delegación: Servizos Centrais - 13, Taxa: Habilitación para o rexistro de mediación familiar – 303101
TAXAS: Habilitación para a inscrición no rexistro: 107,17€ - Modificación da inscrición: 14,29€)


Lugar de presentación de solicitudes:

  • por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.



Atención e asesoramento:
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela
Tel. 981957165 – 981545671

 

Puntos de encontro familiar

Puntos de encontro familiar

Os Puntos de Encontro Familiar están integrados por equipos multidisciplinares, formados por profesionais con experiencia en intervención psicofamiliar, dereitos de familia e mediación familiar.